_3ª Edición

Non nos imaxinamos mellor final para a terceira edición do noso proxecto, que o vivido no Encontro Intercentros de A Coruña. O Ágora da cidade herculina converteuse no espazo perfecto no que os e as protagonistas de ‘O mundo que queremos’ reflexionamos, rimos, cantamos, denunciamos…e por suposto deixamos una importante mensaxe en forma de grafiti…O mundo que entre todas e todos queremos construír.

13221357_1274049359290537_5199644394356723542_o

Divertidas dinámicas, momentos para reflexionar, música reivindicativa da que se encargou o propio alumnado, exposicións fotográficas e varios vídeos con resumos dos traballos realizados a partir dos obradoiros de radio e fotografía e un gran grafiti final puxeron o broche a esta nova edición.

13227644_1274049205957219_5471628154603485955_o

¡Moitísimas grazas a todos e todas os que o fixeron posible, en breve subiremos todas as imaxes do encontro ao noso Flickr!

Aquí tedes os resumos dos traballos fotográficos e radiofónicos feitos polo alumnado de Vilaboa, Cuntis, Carballo e A Coruña.