A loita polo desenvolvemento das mulleres dominicanas chega aos institutos galegos

Deixa un comentario

24 de marzo. A Coruña. Seis institutos galegos que forman parte do proxecto de Educación para o Cambio Social O Mundo Que Queremos recibirán durante os próximos 15 días a visita de dúas mulleres dominicanas que loitan día a día contra a desigualdade por razóns de xénero, de raza e de clase social desde as súas comunidades. O obxectivo deste encontro entre alumnado dos institutos de Vigo, Silleda, Carballo, A Pastoriza, Cambre e Laxe e persoas beneficiarias dos proxectos de cooperación internacional é que coñezan a realidade dos países empobrecidos a través da voz das súas protagonistas.
Estas dúas mulleres que promoven a igualdade de xénero entre a poboación máis necesitada, que defenden a igualdade de dereito entre a poboación de orixe haitiana e dominicano, e que traballan para dotar de recursos básicos como saneamento, saúde e educación á poboación dos batey acudirán aos 6 centros educativos para explicarlle a case 500 alumnados/as como se traballa de forma comunitaria para mellorar as condicións de vida das persoas, en que contribúe a cooperación internacional a conseguir este obxectivo e como as mulleres teñen un papel clave na loita contra a desigualdade global, aquí e nos países empobrecidos.
Ademais de realizar charlas en centros educativos, tamén acudirán á Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e á de Ciencias da Educación da UdC, impartirán unha charla aberta en Pontevedra e reuniranse co voluntariado das organizacións que participan neste proxecto e cos representantes de Cooperación Galega, financiadores deste proxecto.

Marleni Polo e Rosaura Pérez colaboran co Instituto de Acción Comunitaria (IDAC) de República Dominicana para contribuír ao desenvolvemento das zonas máis empobrecidas do seu país. O IDAC converteuse nunha das organizacións dominicanas con maior experiencia de traballo en bateyes (poboados dos enxeños azucreiros) e no traballo de xeración de estruturas estables de traballo comunitario. Destacan as súas intervencións en auga, saúde e saneamento, melloras habitacionais e ambientais, cun forte compoñente de prevención, preparación e reposta ante desastres.

As ONGD galegas, como a nosa compañeira Asemblea de Cooperación pola Paz, traballan man a man con organizacións dominicanas para poder contribuír a xerar as condicións necesarias para que a cidadanía se empodere, organícese para buscar o seu propio desenvolvemento e finalmente equilíbrense os niveis de desigualdade estrutural que se dan neste momento.

Esta é a penúltima fase do proxecto O Mundo que Queremos, no que o alumnado xa recibiu un primeiro taller introductorio sobre as desigualdades Norte-Sur, talleres de radio e fotografía para que aprendan a utilizar estas ferramentas para facer denuncia social e un taller de teatro da oprimida para reflexionar sobre a realidade das persoas migrantes. Todo o proceso terminará no terceiro trimestre educativo cunha acción de comunicación que visibilice os problemas que afectan ao seu instituto, barrio ou contorna.

AXENDA DA VISITA DO SUR

LUNES 27

  • 10h00 Reunión en Cooperación Galega cos representantes da Xunta de Galicia
  • 12h30 Charla no IES David Buján de Cambre
  • 16h30 Segunda charla no IES David Buján de Cambre
  • 19h30 Encontro co Voluntariado de Solidariedade Internacional de Galicia en A Coruña

MARTES 28

  • 10H30 Tercera charla no IES David Buján de Cambre
  • 12h30 Cuarta charla no IES David Buján de Cambre

MIÉRCOLES 29

  • 16H30 Charla IES Pintor Colmeiro de Silleda

JUEVES 30

  • 12H20 Charla IES Isidro Parga Pondal Carballo
  • 19h00 Charla coloquio Tenda de Comercio Xusto de SIG en Pontevedra

VIERNES 31

  • 9h35 Charla no IES Valadares de Vigo

LUNES 3

  • 10h30 Charla IES Fonmiñá de A Pastoriza

MARTES 4

  • 8h45 Charla IES Cabo da Area de Laxe

MIÉRCOLES 5

  • 10H00 Participación na Campaña Mundial pola Educación na Facultad de Ciencias de la Educación en A Coruña
  • 16h00 Participación no Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional en la Facultad de Ciencias de la Comunicación en Santiago

Categoría: CPI Cabo da Area, IES David Buján, IES Fomiñá, IES Isidro Parga Pondal, IES Pintor Colmeneiro, IES Valadares, O mundo que queremos

Etiquetas: , ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *