A radio e a fotografía, ferramentas comunicativas para o cambio social

A radio e a fotografía, ferramentas comunicativas para o cambio social 2 Comentarios

Rematan nos centros participantes nesta edición os primeiros obradoiros de radio e fotografía, poderosas e á vez sinxelas ferramentas comunicativas coas que reflexionar, sensibilizar e fomentar unha cidadanía con espírito crítico e construtivo.

Nesta primeira visita ademáis de coñecer as súas funcións, reflexionar sobre as distintas mensaxes que podemos transmitir con eles, os alumnos e alumnas pudieron aprender a manexalos a través de divertidas prácticas…converténdose por unhas horas en improvisados reporteiros e reporteiras.

Deste xeito, no taller de radio falamos dos elementos da linguaxe radiofónica, practicamos coa gravadora, o instrumento que utilizarán ao longo do curso para realizar as distintas pezas dos seus programas radiofónicos. Tamén aprendemos que podemos crear nós mesmos efectos de son ser ter que descárgalos de Internet e vimos con exemplos que viraron en torno a temáticas sociais e solidarias como realizar unha boa entrevista ou unha cuña publicitaria.

883389_1165924376769703_6282602840574207023_o  12339449_1162746490420825_5762980570327020765_o

Así mesmo, adentrámonos na realidade das radios comunitarias, estacións radiofónicas nacidas como un servizo á comunidade, e coas que se favorece o dereito da cidadanía a acceder aos medios de comunicación e a lograr o desenvolvemento da comunidade.

No obradoiro de fotografía, ademais de coñecer algúns consellos para mellorar a calidade das nosas imaxes, achegamos ás rapazas e rapaces outras posibilidades e visións, tanto de aquí como de fóra, co obxectivo de que reflexionen sobre esas desigualdades para despois expresarse e facer denuncia a través das imaxes que terán que realizar.

20160114_141201

Aínda que en breve regresaremos aos centros cun novo obradoiro de radio e fotografía, o alumnado xa está a traballar nas súas propostas comunicativas, das que sairán os programas radiofónicos e montaxes fotográficas cos que denunciar e  sensibilizar sobre os valores e a xustiza social.

No noso Flickr tedes todas as imaxes destes obradoiros.

Categoría: CPI Aurelio Marcelino Rey García, CPI Toural, IES Fernando Wirtz, IES Isidro Parga Pondal, IES Urbano Lugrís, O mundo que queremos

Etiquetas: , , , , , , , , , , , ,

2 Comentarios

  1. IES Isidro Parga Pondal

    TALLER DE RADIO:
    Somos tres dos alumnos que participamos no obradoiro de radio.
    Para comezar, Montse presentouse e mencionou o tema do cal falariamos, a radio.
    Ao principio expúxonos unha presentación na cal nos explicou algúns dos coñecementos básicos que se deben ter en conta á hora de participar na radio. Segundo cada cousa que nos ía explicando, poñíanos unha actividade para poñelo en práctica. Un exercicio que fixemos foi aprender a vocalizar colocando un boli na boca e dicir un trabalinguas.
    Outra delas, foi grabar unha entrevista facéndonos pasar por membros de distintas organizacións. Tamén nos ensinou maneiras de imitar sons básicos da vida cotiá, como a do trote dun cabalo con dous recipientes baleiros de iogur.
    Por último, organizamos grupos e eliximos un dereito para desenrolar ao longo das clases.
    Parécenos unha oportunidade para aprender os valores radiofónicos dunha forma divertida e sinxela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *