Activistas LGTBI do Salvador chegan a Galicia para compartir a súa loita co alumnado de secundaria

Deixa un comentario

  • “A expectativa de vida das mulleres trans no Salvador é de 33 anos. Eu teño 25. Quedan 8 anos para que me maten?”
  • Os encontros forman parte do proxecto de educación para a cidadanía global “Cooperacion Galega: O Mundo que Queremos” financiado pola Xunta de Galicia.

Santiago, 2 de abril de 2019. Oito institutos galegos que forman parte do proxecto de Educación para a cidadania global Cooperacion Galega: O Mundo Que Queremos reciben durante estes días a visita dos activistas Marcos Ignacio Molina e Bianka Gabriela Rodríguez, ambos cunha ampla traxectoria na defensa dos dereitos do colectivo  LGTBI no seu pais: O Salvador.

O obxectivo destes encontros, que terán lugar esta semana e a que ven en Baralla, O Saviñao, Chapela, A Cañiza, Noia, Ferrol, Camariñas e Zas, é que mais de cincocentos alumnos e alumnas  coñezan de primeira man a realidade do Salvador, un dos países que recibe o apoio da Cooperación Galega, e ademais se achegen ás reivindicacións e a loita do colectivo LGTBI,  un dos mais ameazados a nivel mundial.

“A expectativa de vida das mulleres trans no Salvador é de 33 anos. Eu teño 25. Quedan 8 anos para que me maten?” afirmaba con rotundidade Bianka Rodriguez onte no centro de A Chapela onde impartiu a primeira das charlas. Centroamérica ostenta os maiores niveis de impunidade fronte á violación sistemática dos dereitos humanos da poboación LGBTI. A discriminación e as agresións de odio que sofren lesbianas, gays e persoas trans por causa da súa orientación sexual, identidade ou expresión de xénero é común no colectivo e fai que a súa vida cotiá estea plagada de humillacións, ameazas, persecución e medo “En menos de 4 anos houbo mais de 60 asasinatos no Salvador, pero ningún foi tipificado como tal”

A situación se agudiza especialmente no caso das mulleres trans na que a discriminación  xorde como resultado dunha triloxía perversa: aparellos estatais deficientes, sociedades moi conservadoras, e mensaxes de odio difundidos insistentemente por algunhas igrexas e medios de comunicación “Sufrimos nove veces mais violencia que unha muller cisxenero. Tamén hai unha maior tasa de suicidios”

Bianka Gabriela Rodríguez, Presidenta e Directora Executiva de COMCAVIS TRANS e Marcos Ignacio Molina, en representación do colectivo LGBTI na organización ORMUSA, ademais de realizar charlas nos centros educativos, acudirán o Seminario de Xornalismo Social da  Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, impartirán charlas abertas en Ourense e e Santiago,  e se reunirán cos representantes de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

 

Detallamos a axenda da visita:

MÉRCORES 3 DE ABRIL

  • 12h30-14h10 Charla no CPI Luis Diaz Moreno de Baralla. Lugo

 

VENRES 5 DE ABRIL

  • 12h40-14h20 Charla no CPI A Cañiza. Pontevedra
  • 19h00 Charla-Coloquio en Ourense: Tenda de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional Galicia

 

LUNS 8 DE ABRIL

  • 10h Reunión con representantes da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia
  • 14h20-16:10 Charla no CPI Doctor Lopez Suarez do Saviñao. Lugo.

 

MARTES 9 DE ABRIL

  • 8h30-10h10 Charla no IES Sofia Casanova de Ferrol. A Coruña.

 

MÉRCORES 10 DE ABRIL

  • 12h15-14h05 Charla no IES Pedra da Aguia de Camariñas. A Coruña.
  • 18h-20h Participación no Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional da Universidade de Santiago de Compostela 

 

XOVES 11 DE ABRIL

  • 8h35 a 10h25 Charla no IES Campo de San Alberto de Noia. A Coruña.

 

VENRES 12 DE ABRIL

  • 13h-14h50 Charla no CPI Zas. A Coruña
  • 19h Charla-coloquio no marco do Compostela Mais Solidaria. O movemento LGTBI no Salvador: Experiencias dende unha perspectiva trans e feminista. Libraría Lila de Lilith. Santiago.

 

Convidámosvos a asistir a estes encontros, agradecémosvos a difusión e quedamos á vosa disposición para ampliar información ou concertar entrevistas.

 

Mais información sobre as institucións que nos visitan e as persoas que as representan:

CONCAVIS TRANS

A Asociación Comunicando y Capacitando Mujeres Trans (COMCAVIS TRANS) é unha organización de base comunitaria que promove, demanda e reivindica os dereitos humanos das persoas Trans no Salvador. Foi a primeira organización legalizada en 2011 coa palabra “trans” no seu nome. A asociación foi creada en 2008 para defender os dereitos humanos das persoas Trans e LGBTI (incluíndo poboación privadas de liberdade, con VIH, emigrantes), e realiza servizos de asistencia e capacitación, proxectos educativos sobre estigma, discriminación e identidade de xénero, e brinda asesoría e servizos de saúde sexual, VIH e terapia antirretroviral.

Ademais, a organización promove actividades de incidencia política nacional e internacional, así como a investigación e o fomento e acompañamento a denuncias de violación de dereitos humanos das persoas trans.

Bianka Gabriela Rodríguez

Definese como unha muller transxénero de 25 anos de idade, activista e defensora dos dereitos humanos, especialmente aqueles de a poboación trans.

Actualmente é presidenta e Directora Executiva da Asociación Comunicando e Capacitando Mulleres Trans (COMCAVIS TRANS). Forma parte do Grupo Asesor da Sociedade Civil da ONU Mulleres no Salvador, Membro suplente do Mecanismo Coordinador de País (MCP-É) e parte da Rede Salvadoreña de Mulleres Defensoras de Dereitos Humanos, participando na construción de plans e estratexias que permitiron xerar políticas públicas inclusivas para as persoas trans, así como visibilizando a situación de violencia e discriminación que sofren as persoas LGBTI salvadoreñas a nivel internacional a través dos mecanismos de denuncia.

 

ORMUSA

A Organización de Mulleres Salvadoreñas pola Paz (ORMUSA) é unha organización feminista creada en 1985 para promover a igualdade, equidad de xénero e o apoderamiento económico, social e político das mulleres. Realizan incidencia política para facilitar o acceso das mulleres á xustiza, así como o desenvolvemento local e nacional desde un enfoque de dereitos humanos.

A defensa dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos é un dos seus eixes de traballo. Desde 2001 integra a Alianza pola Saúde Sexual e Reprodutiva e apoia a redes xuvenís que promoven os Dereitos Sexuais e Reprodutivos. Tamén traballan con colectivos LGBTI dende fai 8 anos para fortalecer as súas capacidades organizativas, capacitarlles en xestión de proxectos e incrementar os seus liderados. Entre os obxectivos da organizaciónestá reducir a fenda existente entre as organizacións feministas e os colectivos LGBTI.

Marcos Ignacio Molina
Actualmente coordina o Programa de Dereitos Sexuais e Dereitos Reproductivos para unha cidadanía inclusiva de ORMUSA. Traballou para o Sistema de Integración Centroaméricano en territorios transfronterizos do denominado triángulo norte de Centroamérica. Tamén en iniciativas de prevención da violencia e a promoción da inclusión.
Colaborador para o área de comunicacións de ORMUSA, no deseño conceptual e visual de campañas contra a violencia de xénero, laboral, institucional.
No plano da incidencia. É integrante do comité articulador de sociedade civil que dá seguimiento ao Consenso Montevideo,  o documento máis progresista para os Dereitos Humanos en Latinoamérica. Co autor da investigación cualitativa, Dereitos Laborais das persoas LGBTI, historias de exclusión e resiliencia, 2018

 

Cooperación Galega: O mundo queremos é un proxecto financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, e que forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Para mais información:

 

María Caride (coordinadora do proxecto): 626 913 681

Rocío Cadahía (responsable comunicación): 605 31 60 39

Correo electrónico: comunicacion@agareso.org

Páxina web: http://omundoquequeremos.org/

Categoría: Sen categorizar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *