Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Coñecéndonos mellor

Coñecéndonos mellor

IES Fernando Wirtz IES Isidro Parga Pondal CPI Aurelio Marcelino Rey García CPI Toural IES Urbano Lugrís

O pasado venres mantivemos en A Coruña un encontro cos cinco centros participantes nesta terceira edición de ‘O mundo que queremos’: O CPI Toural de Vilaboa (Pontevedra);  o CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis (Pontevedra); o IES Isidro Parga Pondal de Carballo (A Coruña); o IES Urbano Lugrís de A Coruña e o IES Fernando Wirtz de A Coruña.

Tratouse dunha primeira toma de contacto na que entidades, profesorado e alumnado representante de cada centro puidemos coñecernos un pouco mellor, presentar o traballo a realizar ao longo do curso, facer a nosa propia definición da Educación para o Desenvolvemento e resolver algunhas das dúbidas que sempre xorden á hora de comezar un proxecto.

  coñecéndonos mellor

coñecéndonos mellor

 

Todo isto nun ambiente distendido e a través de diferentes dinámicas (contos, debuxos…)  e unha merenda que axudaron a facer o encontro máis ameno e a que o tempo pasase voando.

Moitísimas grazas a todos os centros polo esforzo que fixeron para axistir á xuntanza!

Isto marcha, benvidas e benvidos a O mundo que queremos!

Aquí deixámosvos unha pequena galería fotográfica do encontro.

Últimas novas