Educar en valores a través do teatro

Educar en valores a través do teatro Deixa un comentario

O teatro é tamén un excelente medio de denuncia, por iso as nosas compañeiras e compañeiros do Grupo de Teatro da Oprimida (GTO) ‘100tolas’ xa están a visitar os centros participantes no proxecto co seu teatro fórum.

A peza que representan, ‘A viaxe de Ana’, conta a historia dunha muller que decide emigrar na busca dunha vida mellor. A súa é unha viaxe longa. Na súa maleta garda recordos e ilusión por un futuro. Unha ilusión que pronto será atropelada por unha sociedade hostil, atrozmente individualista e que só busca proveito propio.

Esta obra conta cunha escena teatral baseada en feitos reais, na cal as persoas oprimidas e opresoras entran en conflito, de xeito claro e obxectivo, na defensa dos seus desexos e intereses. No enfrontamento, a persoa oprimida fracasa e o público é estimulado por quen exerce de Curinga (a persoa facilitadora do TO) a entrar en escena, substituír á persoa protagonista (a oprimida) e a buscar alternativas para o problema que se acaba de representar.

11002601_989504814411661_8832109793375788499_n

Ao igual que nos obradoiros anteriores, favorecer a participación e protagonismo do alumnado nesta peza teatral é clave, e por iso os rapaces e rapazas son estimulados a entrar en escena, substituír á persoa protagonista e a buscar alternativas para o problema que se presenta. En definitiva, este obradoiro busca espertar conciencias ás inxustizas para ser nós quen de denuncialas e loitar contra elas. En breve subiremos unha pequena galería fotográfica do obradoiro de teatro nos diferentes centros.

Aquí podedes ver todas as imaxes deste obradoiro de teatro.

Categoría: CPI Castroverde, CPI Viaño Pequeno, Grupo de Teatro da Oprimida (GTO) '100tolas', IES A Cachada, IES Alfoz Valadouro, IES Beade, IES Carlos Casares, IES Castro Baxoi, IES Félix Muriel, IES Moncho Valcarce, O mundo que queremos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *