Gravando e fotografiando para ‘O mundo que queremos’

Gravando e fotografiando para ‘O mundo que queremos’ Deixa un comentario

Abrimos o noso blog aos centros educativos participantes nesta edición para que compartan as súas impresións sobre os obradoiros que levamos ata o momento e para que nos conten como van eses traballos radiofónicos e fotográficos que comezan a tomar forma. O primeiro centro que se estrea é o IES Urbano Lugrís da Coruña da man de África López, coordinadora do proxecto.

O martes 26 de xaneiro tivemos o noso terceiro obradoiro do Proxecta ‘O mundo que queremos’. Xa co traballo en marcha, estes obradoidros impartidos por Montse e Óscar constituíron unha inestimable axuda e impulso ao que, a tentas, estabamos a facer. 

hdr taller foto lugris IMG_20160126_093940

Xa temos bosquexos de catro programas de radio e outros tantas de montaxes fotográficas. Todo isto en torno ao Obxectivo de Desenvolvemento Sostible nº 16, a paz, a non violencia e a xustiza.

Varios rapaces estiveron rapeando contra a violencia machista, outros investigando sobre refuxiados de Siria, outros máis investigando sobre as condicións de vida no cárcere máis preto de nós, o de Teixeiro…

Non contamos máis de momento… queda moito traballo por diante. Seguiremos a aprender mentres facemos.

Ata a próxima!

Categoría: IES Urbano Lugrís

Etiquetas: , , , , , , , , , , , ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *