Ligazóns

Mosaico

A técnica empregada para construír este proxecto foi a do mosaico. Pequenas pezas procedentes de diferentes entidades e persoas xuntaron as súas diversas formas e cores para darlle forma a O mundo que queremos.

As pezas de pedra, cerámica e vidro

Moitas son as organizacións sociais que aportaron a este proxecto as súas texturas, experiencias, enerxías e xeitos de facer. Máis grandes, máis pequenas, vermellas, azuis ou verdes, estas son as entidades que se quedaron prendidas neste mosaico en construción:

Solidariedade Internacional de Galicia

Solidariedade Internacional de Galicia

É unha organización non gobernamental de desenvolvemento (ONGD) galega de carácter laico, que promove a xustiza social a través de proxectos de cooperación internacional, axuda humanitaria e de emerxencia, educación para o desenvolvemento, comercio xusto e presión política.

www.solidaridadgalicia.org

Educo

Educo

É unha ONG global de cooperación para o desenvolvemento que defende os dereitos da infancia e actúa localmente coas comunidades para promover o cambio social sostible, a través da mellora das condicións de vida das poboacións máis vulnerables, especialmente da infancia entidade que ten como prioridade o traballo coa infancia e a defensa dos seus dereitos, en especial o dereito a recibir unha educación de calidade, xa que entenden que a educación é a ferramenta máis efectiva para reverter a pobreza.

www.educo.org

Mundo Cooperante

Mundo cooperante

É unha ONG de cooperación ao desenvolvemento, independente, aberta e sen ánimo de lucro, que realiza proxectos dirixidos ás comunidades con escasos recursos, considerando de xeito preferente aquelas accións que benefician á infancia, á mocidade e ás mulleres.

www.mundocooperante.org

Agareso

Agareso

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) é unha organización sen ánimo de lucro formada por un colectivo de profesionais do mundo da comunicación en Galicia. O seu principal obxectivo é a creación dunha rede sólida, comprometida, solvente e plural no sector xornalístico galego que impulse a difusión, promoción, denuncia e educación en materia de cooperación e solidariedade.

www.agareso.org/es

 

logo-paz_ok_2

ACPP

Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP) é un instrumento, un punto de encontro de persoas que aspiran a vivir nun mundo que cimente os seus piares na dignidade, a xustiza e a igualdade e se poñen a iso para achegar colectivamente o seu granito de area. O seu labor encamíñase a lograr unha sociedade máis igualitaria na que todas as persoas teñan a posibilidade de vivir unha vida digna. A cooperación internacional, a acción nas escolas, a intervención social nos nosos barrios e cidades e a sensibilización cidadá son puntos de apoio fundamentais neste labor de incidencia política.

www.accp.com

 

100tolas

Centolas
Grupo de Teatro das Oprimidxs: 100tolas é un colectivo que traballa sobre as realidades sociais e políticas a través do  Teatro dos Oprimidxs e do Teatro Social. Propoñen a arte como ensaio de alternativas para situacións que se revelan como opresións na vida cotiá. Entre tantas, 100tolas preocúpase especialmente sobre as cuestións de xénero, por iso sempre tratan de funcionar desde unha mirada feminista, transformadora das desigualdades.

Facebook 100Tolas

Os aglomerantes do mosaico

O Plan Proxecta e a Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia

O xeso que fixo posible a unión das múltiples peciñas está representado neste proxecto polas institucións públicas, concretamente por dúas direccións xerais que a través de dúas liñas de traballo complementarias apoiaron o impulso desta intervención.

Plan Proxecta

Iniciativa impulsada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa de Galicia que busca a integración na planificación anual dos centros de programas postos en marcha por entidades alleas ao sistema educativo. Trátase polo tanto dun programa que busca a interdisciplinaridade dentro dos espazos da educación regrada, unha liña de traballo que se bota en falla na nova proposta lexislativa en materia educativa.

Plan Proxecta

Subdirección Xeral de Cooperación Exterior

Nas diferentes planificacións desta subdirección recollíanse como obxectivos a coordinación entre departamentos administrativos e o impulso de intervencións de Educación para o Desenvolvemento que apoien á sociedade galega no traballo da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social. A participación no Plan Proxecta a través do programa Cooperación galega: O mundo que queremos permitiu avanzar en ambos obxectivos a pesar do importante recorte que está a sufrir esta política pública na nosa comunidade.

www.cooperaciongalega.org