Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

O broche perfecto para un gran proxecto

O broche perfecto para un gran proxecto

IES Carlos Casares CPI Viaño Pequeno CPI Castroverde IES A Cachada IES Alfoz Valadouro IES Beade IES Castro Baxoi IES Félix Muriel IES Moncho Valcarce

Alumnado, profesorado, xente das distintas organizacións implicadas…en definitiva, todos os participantes desta segunda edición de ‘O mundo que queremos’ reunímonos onte na sala Capitol de Santiago de Compostela nun encontro intercentros que puxo o broche final a este gran proxecto.

Durante o mesmo puidemos ver un resumo dos marabillosos traballos fotográficos e radiofónicos que realizou o alumnado ao longo destes meses e bailamos e brincamos sen parar ao ritmo de Pachamama Crew (Secta Selecta).

broche perfecto

Neste día festivo non podían faltar Braima, Rina y Cristiana, os tres cooperantes de organizacións do Sur que durante dúas semanas estiveron percorrendo os centros de ensino para explicarlle ao alumnado o traballo que están a realizar nas súas organizacións, e como utilizan o teatro e a radio como medio de sensibilización e denuncia nas súas comunidades.

broche perfecto

Na conta de Ivoox podedes escoitar todos os programas radiofónicos elaborados polo alumnado nesta segunda edición e na nosa conta de Flickr  tedes todas as imaxes do encontro, como podedes ver pasámonolo xenial!

Moitas grazas a todos e todas os que participaron e o fixeron posible…xuntos seguiremos loitando por un mundo mellor!

Últimas novas