O feminismo hondureño chega ós institutos galegos da man de O Mundo que Queremos

Deixa un comentario

Seis Institutos galegos que forman parte do proxecto de Educación para o Desenvolvemento “Cooperacion Galega: O Mundo Que Queremos” recibirán dende mañá e  ata o día 20 de abril  a visita de dúas mulleres hondureñas que loitan contra a desigualdade de xénero no seu pais. O obxectivo deste encontro é que mais de quiñentos alumnos e alumnas de A Coruña, Pastoriza, Marín, Vilagarcia e Brión coñezan de primeira man a realidade dun dos países que recibe o apoio da Cooperación Galega.

Érika García e Diana Guillén son as dúas activistas hondureñas que se achegarán ós centros educativos para compartir cos mozos e mozas  as súas dificultades, pero tamén os seus éxitos, e convidalos a ver o mundo dende a súa perspectiva. 

Ámbalas dúas teñen unha longa traxectoria de militancia feminista, especialmente en movementos estudantís. Imparten formacións e acompañan distintas organización de mulleres en Honduras. Érika García traballa con mulleres universitarias desenvolvendo accións artísticas e performances, e Diana Guillén forma  ás mulleres obreiras das maquilas nos seus dereitos sindicais e laborais. Dous perfís moi diferentes integrados na área de liderazgos do CENTRO DE DEREITOS DE MULLERES (CDM) unha das mais importantes organizacións feministas hondureñas recoñecida nacional e internacionalmente polo seu traballo na promoción e defensa dos dereitos humanos, e  en especial das mulleres.

Ademais de realizar charlas nos centros educativos, tamén acudirán o Seminario de Xornalismo Social da  Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, impartirán charlas abertas en Pontevedra e Ourense (na tenda de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia) e en Santiago na Libraría de Mulleres Lila de Lilith,  e se reunirán cos representantes de Cooperación Galega, financiadores deste proxecto.

As ONGD galegas que teñen proxectos de cooperación en Honduras, como Asemblea de Cooperación pola Paz, traballan man a man con organizacións locais como o CDM para contribuír a xerar as condicións necesarias para que a cidadanía se empodere e se organice na procura do seu propio desenvolvemento, e así  finalmente equilibrar os altos niveis de desigualdade estructural que se dan neste momento no país.

Estas visitas forman parte da penúltima fase do proxecto educativo ”Cooperación Galega: O mundo que queremos “ que leva xa catro años achegando a realidade dos países do Sur a máis de dous mil mozas e mozos galegos.

Axenda da visita:

XOVES 12

  • 12h15-14h00 Charla no IES Castro Alobre de Vilagarcia de Arousa
  • 19h00 Charla-Coloquio en Pontevedra: Tenda de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional Galicia

VENRES 13

  • 10h10-13h50 Charla no IES Fonmiñá de A Pastoriza

LUNS 16

  • 10h30 Reunión con representantes da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia

MARTES 17

  • 12H20-14h00 Charla no IES Fernando Wirtz de A Coruña
  • 20h Charla-coloquio na Libraría de Mulleres Lila de Lilith de Santiago ( Intercambio de experiencias e aprendizaxes entre Feminismos Latinoamericanos e Feminismos Galegos)               

MÉRCORES 18

  • 8h30-13h10 Charla no CPR Santa Margarita de A Coruña
  • 16h-18h Participación no Seminario de Xornalismo Social da Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xornalismo

XOVES 19

  • 11h45 a 13h35 Charla no CPR Inmaculada de Marín
  • 19h00 Charla-Coloquio en Ourense: Tenda de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional Galicia

VENRES 20

  • 10h15-12h00 Charla no IES Brión
  • 12h00-13h00 A radio escolar “Enbrión” entrevista as dúas activistas.

 ‘Cooperación Galega: O mundo queremos’ é un proxecto financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, e que forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

Para máis información:

María Caride (coordinadora do proxecto): 981 243 506 / 626 913 681

Rocío Cadahía (responsable comunicación): 605 31 60 39

Correo electrónico: comunicacion@agareso.org

Páxina web: http://omundoquequeremos.org/

Categoría: Sen categorizar

Etiquetas: , , , , , , , ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *