O IES Pedra da Aguia de Camariñas, Premio Vicente Ferrer pola súa participación no Mundo que Queremos!!

Deixa un comentario

Santiago 18/11/2019. O pasado xoves a ministra de Educación e Formación Profesional en funcións Isabel Celaá, entregaba  en Madrid os diplomas do XI edición do Premio Nacional de Educación para o desenvolvemento ‘Vicente Ferrer’ 2019.

O instituto de Camariñas, Pedra da Aguia foi un dos quince centros educativos que este ano se fixo co galardón, grazas o proxecto de educación para a cidadanía global “Cooperación galega: O mundo que queremos (O cambio empeza no IESP Pedra da Aguia. súmaste?) no marco do Plan Proxecta da Xunta de Galicia. Un proxecto no que alumnado e profesorado traballaron a igualdade de xénero a través da radio, os audiovisuais, ou o teatro, durante todo o curso académico.

Recolleu o premio en representación do centro, Susana Álvarez Martínez, tras a viaxe a Xordania que realizou con outros  mestres galardoados nesta edición,  para participar nun Seminario de intercambio e formación en boas prácticas de educación para o desenvolvemento, que se celebrou del 5 al 13 de novembro.

En representación da Xunta de Galicia asistiron o acto de entrega do Premio o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, e a subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero.

Estes galardóns, organizados pola Axencia Española de Cooperación Internacional (AECID) en colaboración co Ministerio de Educación e Formación Profesional, recoñecen cada ano quince experiencias educativas de centros sostidos con fondos públicos destinadas a sensibilizar, concienciar, desenvolver o espírito crítico e fomentar a participación activa do alumnado na consecución dunha cidadanía global e solidaria, e comprometida coa erradicación da pobreza e as súas causas e co desenvolvemento humano e sostible.

 

Categoría: Sen categorizar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *