Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Presentamos o noso proxecto no Foro de EpD e Cidadanía Global

Presentamos o noso proxecto no Foro de EpD e Cidadanía Global

Onte presentamos a nosa experiencia de traballo en rede co proxecto ‘O Mundo que queremos’ no Foro de Investigación en Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global que se está celebrar no Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

Este foro, organizado pola Coordinadora Galega de ONGDSolidariedade Internacional de Galicia, a Universidade da Coruña e Tempo de Loaira, ten como obxectivo reflexionar, debater e analizar o traballo educativo que se está a levar a cabo para a transformación social tanto en Galicia como no Estado español. As xornadas, ademais, están a ter lugar no marco do proceso de elaboración da Estratexia Galega de Educación para o Desenvolvemento impulsada pola Xunta de Galicia.

Foro EpD

Se non puidestes asistir onte ao CEIDA e queredes coñecer en profundidade o noso traballo ao longo destas dúas edicións, aquí podedes descargar a nosa presentación: OMQQ_Foro investigación EpD.

Aquí tedes máis información sobre o foro.

Últimas novas