Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Saímos da nosa burbulla

Saímos da nosa burbulla

IES Fernando Wirtz IES Isidro Parga Pondal CPI Aurelio Marcelino Rey García CPI Toural IES Urbano Lugrís

Achegarse ao mundo da cooperación internacional, ao abismo de desigualdade que existe entre o Norte e o Sur, ás problemáticas sociais da nosa contorna, pero sobre todo fomentar no alumnado a súa corresponsabilidade en crear un mundo mellor  e o seu papel transformador para acadar unha sociedade máis xusta para todas e todos, foron algunos dos obxectivos marcados para este primeiro obradoiro de ‘O mundo que queremos’.

 Cuntis

Lugrís

Tamén houbo tempo para debater co alumnado participante nesta terceira edición acerca dos novos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles (ODS), un conxunto de 17 metas para poñer fin á pobreza, loitar contra a desigualdade e a inxustiza, e facer fronte ao cambio climático. Uns obxectivos, que veñen  a substituír aos 8 Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) que o mundo se comprometeu a alcanzar, sen éxito, neste 2015, xa que a pesar de que en todos os obxectivos avanzouse, ningún conseguiuse plenamente.

Agora que coñecen as causas e as consecuencias das situacións que lles rodean, saben que hai alternativas e que todas e todos podemos aportar o noso gran de area para mudar as cousas, toca aprender a utilizar as ferramentas comunicativas que temos ao noso alcance para expresarnos, para denunciar as inxustizas e para sensibilizar…chegan os obradoiros de radio, fotografía e teatro.

Tedes todas as imaxes deste primeiro taller no noso Flickr.

Últimas novas