Segunda parada: Radio e foto para repensar O mundo que queremos

Segunda parada: Radio e foto para repensar O mundo que queremos Deixa un comentario

Pasar de ser consumidor@s pasivos de información a converternos en creador@s de mensaxes, conscientes e informad@s é o principal obxectivo da segunda e a terceira parada de O mundo que queremos.

Os seis centros educativos que participan este ano no proxecto xa están enfrascados na tarefa de investigar sobre desigualdade de xénero e o medio ambiente, as principais temáticas abordadas nesta edición.  Porque para crear, primeiro hai que coñecer, hai que reflexionar, hai que repensar e hai que actuar.

Acompaña o alumnado nesta tarefa, os monitores Óscar Vázquez (fotografía) e Rocío Cadahía ( radio)  ambos integrantes da Asociación Galega de Reporteir@s Solidari@s. Dende estas dúas ferramentas comunicativas traballan co alumnado diferentes formatos para que sexan capaces de levar a cabo unha reflexión  sobre as temáticas escollidas e constrúan o seu propio discurso ao redor delas, elaborando ademais un material que poida ser difundido para sensibilizar ao resto da comunidade educativa. Todo un reto no que é fundamental tamén o acompañamento do profesorado.

A aventura xa comezou! Arrancamos o día 9 de xaneiro no IES Fonmiñá de A Pastoriza coa primeira sesión educomunicativa, onde os rapaces e rapazas se achegaron por primeira vez a radio e a foto.  Logo estivemos nos centros da Coruña Fogar de Santa Margarita e  Fernando Wirtz. A semana pasada foi o turno de La Inmaculada de Marín e o IES Brión…e aínda nos falta ir a Vilagarcía!! pero o primeiro paso xa está dado…agora creatividade, imaxinación e gañas… porque como dicía o gran Galeano “Actuar sobre a realidade, e cambiala, aínda que sexa un pouquiño, é a única forma que temos de demostrar que a realidade é transformable”.

Categoría: CPR Plurilingue María Inmaculada, CPR Plurilingue Santa Margarita, IES Brión, IES Castro Alobre, IES Fernando Wirtz, IES Fomiñá, O mundo que queremos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *