Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Coñecemos a realidade colombiana da man da Fundación Forjando Futuros

Coñecemos a realidade colombiana da man da Fundación Forjando Futuros

IES Fernando Wirtz IES Isidro Parga Pondal CPI Aurelio Marcelino Rey García CPI Toural IES Urbano Lugrís

O alumnado participante na terceira edición do proxecto de educación para o desenvolvemento ‘Cooperación Galega: O mundo que queremos’, terá a oportunidade de compartir experiencias esta próxima semana con dous integrantes da Fundación Forjando Futuros de Colombia, contraparte de Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP) e unha das organizacións que está tendo un papel máis activo nas negociacións de paz. Estas persoas percorrerán os cinco centros de ensino inscritos para explicarlle ao alumnado galego o traballo que están a realizar na súa organización para axudar ás comunidades desprazadas e ás vítimas do conflito armado colombiano, así como a importancia da cooperación para o desenvolvemento para apoiar o proceso de paz.

Gerardo Vega Medina, socio fundador e actual director da Fundación Forjando Futuros, é avogado da Universidade de Católica de Bogotá  e especialista en Estudos Especializados en Desenvolvemento Económico e Social, Énfase América Latina, da Universidade de Lovaina (Bélxica).

Toni Luis Lozano Berrocal, avogado na fundación e socio fundador, foi vítima do conflito, polo asasinato do seu irmán, no Masacre da Chinita, do Barrio Obreiro, municipio de Apartadó, no ano 2003.

Quen son as víctimas do conflito armado colombiano, o proceso de restitución das terras ás vítimas, como apoia a cooperación internacional estes procesos e como traballan as contrapartes para conseguir transformar o seu país, serán a temática básica das charlas que impartirán nos centros educativos de Vilaboa, A Coruña, Cuntis e Carballo.

A súa visita a Galicia inclúe, ademais, unha reunión coa Dirección Xeral de Cooperación Exterior, a participación no Seminario de Xornalismo Social que imparten Agareso e ACPP en Santiago de Compostela e unha charla en Pontevedra sobre a situación actual dos procesos de paz.

 

Últimas novas