Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Educar en valores a través do teatro

Educar en valores a través do teatro

IES Carlos Casares CPI Viaño Pequeno CPI Castroverde IES A Cachada IES Alfoz Valadouro IES Beade IES Castro Baxoi IES Félix Muriel IES Moncho Valcarce

O teatro é tamén un excelente medio de denuncia, por iso as nosas compañeiras e compañeiros do Grupo de Teatro da Oprimida (GTO) ‘100tolas’ xa están a visitar os centros participantes no proxecto co seu teatro fórum.

A peza que representan, ‘A viaxe de Ana’, conta a historia dunha muller que decide emigrar na busca dunha vida mellor. A súa é unha viaxe longa. Na súa maleta garda recordos e ilusión por un futuro. Unha ilusión que pronto será atropelada por unha sociedade hostil, atrozmente individualista e que só busca proveito propio.

Esta obra conta cunha escena teatral baseada en feitos reais, na cal as persoas oprimidas e opresoras entran en conflito, de xeito claro e obxectivo, na defensa dos seus desexos e intereses. No enfrontamento, a persoa oprimida fracasa e o público é estimulado por quen exerce de Curinga (a persoa facilitadora do TO) a entrar en escena, substituír á persoa protagonista (a oprimida) e a buscar alternativas para o problema que se acaba de representar.

teatro

Ao igual que nos obradoiros anteriores, favorecer a participación e protagonismo do alumnado nesta peza teatral é clave, e por iso os rapaces e rapazas son estimulados a entrar en escena, substituír á persoa protagonista e a buscar alternativas para o problema que se presenta. En definitiva, este obradoiro busca espertar conciencias ás inxustizas para ser nós quen de denuncialas e loitar contra elas. En breve subiremos unha pequena galería fotográfica do obradoiro de teatro nos diferentes centros.

Aquí podedes ver todas as imaxes deste obradoiro de teatro.

Últimas novas