Firmamos o convenio coa Xunta de Galicia

Firmamos o convenio coa Xunta de Galicia Deixa un comentario

Hoxe tivo lugar a firma do convenio entre a Xunta de Galicia e as entidades formamos parte deste proxecto para continuar coa execución da terceira fase de ‘Cooperación Galega: o mundo que queremos’, unha iniciativa desenvolvida no marco do Plan Proxecta. Ao acto asistiron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e representantes das ONGD Solidariedade Internacional de Galicia, Agareso e EDUCO. Á sinatura asistiu tamén o Cónsul Xeral de Cuba en Santiago de Compostela, José Antonio Solana.

‘O mundo que queremos’ mantén como obxectivo o fomento da construción dunha cidadanía global con identidade transformadora entre a adolescencia galega e cubana a través da educación para o desenvolvemento, a solidariedade e a loita contra a pobreza. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) serán a temática condutora da proposta e a comunicación comunitaria a ferramenta metodolóxica e elemento vertebrador das accións a desenvolver.

Como novidade, nesta edición o proxecto compleméntase e apoia o traballo que a Oficina do Historiador da Cidade de La Habana desenvolve coa adolescencia, a través do intercambio de experiencias sobre metodoloxía de traballo coa xuventude.

Tedes máis información aquí.

Categoría: O mundo que queremos

Etiquetas: , , , , , , , , , ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *