Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

A loita polo desenvolvemento das mulleres dominicanas chega aos institutos galegos

A loita polo desenvolvemento das mulleres dominicanas chega aos institutos galegos

IES Fonmiñá CPI Cabo da Area IES David Buján IES Isidro Parga Pondal IES Pintor Colmeneiro IES Valadares

24 de marzo. A Coruña. Seis institutos galegos que forman parte do proxecto de Educación para o Cambio Social O Mundo Que Queremos recibirán durante os próximos 15 días a visita de dúas mulleres dominicanas que loitan día a día contra a desigualdade por razóns de xénero, de raza e de clase social desde as súas comunidades. O obxectivo deste encontro entre alumnado dos institutos de Vigo, Silleda, Carballo, A Pastoriza, Cambre e Laxe e persoas beneficiarias dos proxectos de cooperación internacional é que coñezan a realidade dos países empobrecidos a través da voz das súas protagonistas.
Estas dúas mulleres que promoven a igualdade de xénero entre a poboación máis necesitada, que defenden a igualdade de dereito entre a poboación de orixe haitiana e dominicano, e que traballan para dotar de recursos básicos como saneamento, saúde e educación á poboación dos batey acudirán aos 6 centros educativos para explicarlle a case 500 alumnados/as como se traballa de forma comunitaria para mellorar as condicións de vida das persoas, en que contribúe a cooperación internacional a conseguir este obxectivo e como as mulleres teñen un papel clave na loita contra a desigualdade global, aquí e nos países empobrecidos.
Ademais de realizar charlas en centros educativos, tamén acudirán á Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e á de Ciencias da Educación da UdC, impartirán unha charla aberta en Pontevedra e reuniranse co voluntariado das organizacións que participan neste proxecto e cos representantes de Cooperación Galega, financiadores deste proxecto.

Marleni Polo e Rosaura Pérez colaboran co Instituto de Acción Comunitaria (IDAC) de República Dominicana para contribuír ao desenvolvemento das zonas máis empobrecidas do seu país. O IDAC converteuse nunha das organizacións dominicanas con maior experiencia de traballo en bateyes (poboados dos enxeños azucreiros) e no traballo de xeración de estruturas estables de traballo comunitario. Destacan as súas intervencións en auga, saúde e saneamento, melloras habitacionais e ambientais, cun forte compoñente de prevención, preparación e reposta ante desastres.

As ONGD galegas, como a nosa compañeira Asemblea de Cooperación pola Paz, traballan man a man con organizacións dominicanas para poder contribuír a xerar as condicións necesarias para que a cidadanía se empodere, organícese para buscar o seu propio desenvolvemento e finalmente equilíbrense os niveis de desigualdade estrutural que se dan neste momento.

Esta é a penúltima fase do proxecto O Mundo que Queremos, no que o alumnado xa recibiu un primeiro taller introductorio sobre as desigualdades Norte-Sur, talleres de radio e fotografía para que aprendan a utilizar estas ferramentas para facer denuncia social e un taller de teatro da oprimida para reflexionar sobre a realidade das persoas migrantes. Todo o proceso terminará no terceiro trimestre educativo cunha acción de comunicación que visibilice os problemas que afectan ao seu instituto, barrio ou contorna.

AXENDA DA VISITA DO SUR

LUNES 27

  • 10h00 Reunión en Cooperación Galega cos representantes da Xunta de Galicia
  • 12h30 Charla no IES David Buján de Cambre
  • 16h30 Segunda charla no IES David Buján de Cambre
  • 19h30 Encontro co Voluntariado de Solidariedade Internacional de Galicia en A Coruña

MARTES 28

  • 10H30 Tercera charla no IES David Buján de Cambre
  • 12h30 Cuarta charla no IES David Buján de Cambre

MIÉRCOLES 29

  • 16H30 Charla IES Pintor Colmeiro de Silleda

JUEVES 30

  • 12H20 Charla IES Isidro Parga Pondal Carballo
  • 19h00 Charla coloquio Tenda de Comercio Xusto de SIG en Pontevedra

VIERNES 31

  • 9h35 Charla no IES Valadares de Vigo

LUNES 3

  • 10h30 Charla IES Fonmiñá de A Pastoriza

MARTES 4

  • 8h45 Charla IES Cabo da Area de Laxe

MIÉRCOLES 5

  • 10H00 Participación na Campaña Mundial pola Educación na Facultad de Ciencias de la Educación en A Coruña
  • 16h00 Participación no Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional en la Facultad de Ciencias de la Comunicación en Santiago

Últimas novas