Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

A radio e a fotografía, ferramentas comunicativas para o cambio social

A radio e a fotografía, ferramentas comunicativas para o cambio social

IES Fernando Wirtz IES Isidro Parga Pondal CPI Aurelio Marcelino Rey García CPI Toural IES Urbano Lugrís

Rematan nos centros participantes nesta edición os primeiros obradoiros de radio e fotografía, poderosas e á vez sinxelas ferramentas comunicativas coas que reflexionar, sensibilizar e fomentar unha cidadanía con espírito crítico e construtivo.

Nesta primeira visita ademáis de coñecer as súas funcións, reflexionar sobre as distintas mensaxes que podemos transmitir con eles, os alumnos e alumnas pudieron aprender a manexalos a través de divertidas prácticas…converténdose por unhas horas en improvisados reporteiros e reporteiras.

Deste xeito, no taller de radio falamos dos elementos da linguaxe radiofónica, practicamos coa gravadora, o instrumento que utilizarán ao longo do curso para realizar as distintas pezas dos seus programas radiofónicos. Tamén aprendemos que podemos crear nós mesmos efectos de son ser ter que descárgalos de Internet e vimos con exemplos que viraron en torno a temáticas sociais e solidarias como realizar unha boa entrevista ou unha cuña publicitaria.

Radio

  Radio

Así mesmo, adentrámonos na realidade das radios comunitarias, estacións radiofónicas nacidas como un servizo á comunidade, e coas que se favorece o dereito da cidadanía a acceder aos medios de comunicación e a lograr o desenvolvemento da comunidade.

No obradoiro de fotografía, ademais de coñecer algúns consellos para mellorar a calidade das nosas imaxes, achegamos ás rapazas e rapaces outras posibilidades e visións, tanto de aquí como de fóra, co obxectivo de que reflexionen sobre esas desigualdades para despois expresarse e facer denuncia a través das imaxes que terán que realizar.

Radio

Aínda que en breve regresaremos aos centros cun novo obradoiro de radio e fotografía, o alumnado xa está a traballar nas súas propostas comunicativas, das que sairán os programas radiofónicos e montaxes fotográficas cos que denunciar e  sensibilizar sobre os valores e a xustiza social.

No noso Flickr tedes todas as imaxes destes obradoiros.

Últimas novas