Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Teatro que loita contra a opresión: A viaxe de Ana

Teatro que loita contra a opresión: A viaxe de Ana

IES Fonmiñá

Poñerse na pel do outro, ou máis ben da outra. Ser consciente das desigualdades, ou dos privilexios, vivir a discriminación en primeira persoa, indignarse ante inxustiza, crear alternativas, participar das solucións. As veces,  precisamos cambiar a nosa perspectiva para entender mellor. E nada mais útil para isto  que o Teatro da Oprimida, unha tendencia teatral que  loita contra as estruturas opresoras desenvolvendo xogos e dinámicas de roles para posteriormente analizar as relacións de poder que se xeran, e así poder combatelas.

Neste mes de marzo,  os mozos e mozas que este ano participan na aventura de O Mundo Que Queremos, formarán parte dunha viaxe, A viaxe de Ana, unha peza teatral levada a cabo polo colectivo GTo 100 Tolas a través da técn    ica do Teatro Foro, unha das liñas de traballo mais utilizadas no Teatro da Oprimida.

Coa viaxe de Ana, @s estudiant@s,  póñense na pel dunha moza migrante en procura de traballo…unha aventura complicada na que se mesturan o racismo, o machismo, a desigualdade social e as violencias de xénero, problemáticas que o alumnado terá que saber identificar para tamén ser partícipes da súa solución aportando alternativas.

imaxe2

imaxe 3

Últimas novas