Levamos xa varias semanas percorrendo os centros participantes en ‘O mundo que queremos’ co segundo obradoiro de radio e fotografía, no que intentamos axudar ao alumnado na elaboración dos seus traballos e resolver as dúbidas que poidan ter á hora de abordar o seu proxecto.
Cada un dos centros está a traballar sobre un Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio, e a verdade, é que estamos moi contentos/as xa que nótase que traballaron moito e os proxectos teñen moi boa pinta.
Aquí tedes un pequeño resumo.
Tras estes obradoiros os rapaces e rapazas terán que crear os seus propios espazos radiofónicos e proxectos fotográficos relacionados cos ODM.
Podedes ver todas as imaxes do proxecto na nosa conta de Flickr.